| Ademáis doutras iniciativas, como a
presentación de mocións de recoñecemento dos represaliados e represaliadas nos
concellos da comarca, tentamos agora dar un paso adiante presentando un proxecto de
investigación e divulgación histórica: trátase da celebración do Congreso da Memoria
"A represión franquista en Galicia", a celebrar en decembro deste ano 2003. É
o noso desexo que este Congreso constitúa un foro plural e participativo no que as
persoas e institucións interesadas na recuperación da memoria histórica poidan aportar
novos datos e investigacións sobre o tema, sempre inconcluso.
Ademáis este Congreso servirá para rendir unha cumprida homenaxe aos represaliados e
represaliadas na dictadura.
Convidamos a todolos investigadores que traballaran algún aspecto da historia destes
feitos históricos a compartir os seus coñecementos con outros investigadores e co
público en xeral, tentando dar un primeiro paso nunha avaliación de conxunto do que foi
a represión da dictadura franquista na nosa terra.
Calquera persoa interesada en participar no Congreso deberá contactar coa Asociación
antes do día 15 de setembro de 2003, aportando un resumo da súa investigación.
Os traballos aceptados no Congreso deberán entregarse definitivamente antes do 15 de
novembro de 2003, para a edición das actas, despois da celebración do Congreso. |
|
Calendario
- 30 de xulio de 2003
Convocatoria do Congreso
Presentación pública do Congreso á prensa, institucións, e contacto
cos investigadores para convidalos a participar no Congreso.
- 30 de Setembro de 2003
Peche do prazo de admisión de traballos ao Congreso
Nesta data todolos investigadores terían que ter presentado un resumo dos
traballos que desexen presentar ao Congreso.
- 15 de novembro de 2003
Peche do prazo de presentación de traballos para o Congreso
Nesta data todolos investigadores terían que ter presentado o texto
completo dos seus traballos para o Congreso.
- 4 a 7 de decembro de 2003
Celebración do Congreso
Nesta semán levarianse adiante todolos actos do Congreso, tanto os
principais como outros que poidan celebrarse de xeito paralelo.
Programa
(do 4 ao 7 de decembro de 2003)
Actividades
a) Presentación de traballos de investigación sobre o tema.
b) Debates e mesas redondas.
c) Recitais musicais e poéticos, exposicións artísticas, bibliográficas, ou
fotográficas.
d) Acto final de homenaxe e lembranza aos represaliados e represaliadas.
Sesións
- Xoves, 4 de decembro - Tarde
Inauguración Marco histórico (1931-1975)
- Venres, 5 de decembro - Mañán
A mecánica represiva
Os represores, os instrumentos legais, o aparello carcelario, a finalidade da
represión
- Venres, 5 de decembro - Tarde
Os represaliados
Os individuos e os diversos grupos humanos, políticos, sociais e culturais diante
do feito represivo.
- Sábado, 6 de decembro - Mañán
As zonas
A represión nas diversas áreas xeográficas e as súas particularidades
- Sábado, 6 de decembro - Tarde
O estado da investigación
Fontes para o traballo histórico, accesibilidade ás mesmas, reconto
bibliográfico, implicacións do traballo de recuperación da memoria histórica
- Domingo, 7 de decembro - Mañán
Homenaxe aos represaliados e represaliadas
(O conxunto de actividades públicas iría acompañado, posteriormente, pola
publicación das actas dos traballos científicos aportados polos investigadores ao
Congreso). |
|
Dossier para a
prensa (PDF, 73 kb). Tríptico co
programa e solicitude de participación (PDF, 56 kb).
|